Seminarios de círculo
Formación práctica vivencial para profesionais da saúde, educación, formadores e conselleiros.
O tempo de formación dos círculos I, II, III, IV foron 638 horas durante catro anos.
Os obxectivos básicos dos seminarios de fin de semana:
En cando haya suficentes persoas interesadas volvanse a organizar os seminarios.
Reservas: por teléfono ou correo electrónico. Asinarase un acordo escrito.
O seminario impártese en inglés, con tradución en español.
O Seminario Círculo I
Trátase dun grupo de mulleres e homes á busca dunha experiencia coa natureza, e entrando en contacto cos elementos que nos rodean.
Os exercicios realizados na natureza devolverannos o contacto con nós mesmos e con toda a creación.
Aprenderemos a respectar novamente a nosa nai Terra e a todos os seres como os seus fillos.
Esta nova aproximación é unha combinación de ensinanzas dos indios Lakota e Blackfeet sobre a natureza e as cerimonias sagradas.
Temas do Círculo I
conservación do contorno
árbores e plantas
terra
sol
lúa
pedras
cerimonia de sudación (Sweatlodge)
rolda de medicina
tambores e maracas
escudos protectores
busca da visión e a pipa sagrada (Canupa)
Líder do seminario:
Joachim Irmer
Nacido en 1954 en Hamburgo.
Danzante do sol coa tribo Lakota desde 1993 ata 2001. Líder da danza do sol dos Blackfoot en Canadá desde o 2002 ao 2009.
En 1995 fundou o Instituto Educacional para os seminarios O Círculo, en Alemaña.
Desde 1997 é o director xerente do Centro de Formación e Casa de Seminarios en Dübbekold, Alemaña.
esta paxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual
![]()