C ER A A inicio contacto

AS TRADICIÓNS NATIVAS

A danza do sol é unha cerimonia espiritual practicada desde hai séculos por algunhas das nacións indias norteamericanas. Cada tribo ten o seu propio xeito de realizar o ritual, aínda que a maioría delas teñen cousas en común, tales como a danza, o canto ou o rezo. Tamén é común tocar tambores e realizar xaxún. Nalgúns casos, o ritual inclúe un tipo de piercing que consiste en introducir no peito, os brazos ou o lombo un óso afiado producindo un desgarro na pel. En moitas das danzas do sol que se realizan ao longo do continente americano considérase irrespectuoso tomar fotos, para favorecer a privacidade dos participantes.

Os primeiros occidentais que coñeceron esta cerimonia sorprendéronse, sobre todo, pola práctica do piercing, que consideraban unha brutalidade. A explicación máis común a isto, desde o punto de vista dos danzantes, é que se trata dunha ofrenda de carne, entregada como parte dun rezo, para pedir pola familia ou a comunidade. Os anciáns indíxenas explican como, para a mente occidental, é difícil comprender un acto como a ofrenda de carne. Segundo eles, non supón ningún sufrimento para quen o realiza, senón que se trata dun acto xeneroso de entrega e comuñón con Deus e o sagrado.
O Goberno de Canadá prohibiu algunhas das prácticas da danza do sol durante o século XVII, e os Estados Unidos fixeron o mesmo en 1904. Na actualidade, esta cerimonia sagrada é de novo completamente legal (desde a presidencia de Jimmy Carter nos Estados Unidos).
Aínda que é orixinaria de Norteamérica, actualmente practícase, ademais de nos Estados Unidos, México e Canadá, en países americanos máis ao sur, como Brasil e outros. O deseño da cerimonia foi conservado polos xamáns fiel ao orixinal durante séculos, aínda que hoxe en día é unha cerimonia espiritual aberta, na que participan tanto indíxenas como non indíxenas. É habitual tamén que haxa danzantes de diversas nacionalidades, continentes e razas.

 

 

Este texto proviene de http://es.wikipedia.org/wiki/Danza_del_Sol está disponible bajo la Licencia Creative Commons Atribución Compartir Igual

 

 

 

 

 

 

esta paxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual