C ER A A inicio contacto

AS TRADICIÓNS NATIVAS

Sweatlodge (cabaña da sudación – inipi)


A cabana de sudación constrúese con salgueiros e cóbrese con mantas. As pedras, quentadas ata poñerse incandescentes no lume, lévanse a un burato no centro da cabana. Sentamos nun círculo e rezamos e cantamos e, mentres suamos, entramos en contacto cos elementos terra, auga, lume e aire. Experimentamos profundamente como o noso ser conecta coa natureza e a creación, con todo aquilo que nos rodea. Concentrámonos e escoitamos; ou cantamos os antigos cantos tradicionais que nos foron transmitidos polos nosos anciáns: o home medicina Archie Fire Lame Deer e o xefe Blackfoot Morris Crow Last Tail Feather.

Pedimos absterse de alcohol ou substancias que alteren a conciencia durante os catro días anteriores á cerimonia.

Van estar presentes alghuns danzantes do sol da tradición blackfoot, que guiarán esta cerimonia.

A non-asistencia á cerimonia non exime do seu pagamento unha vez confirmada a inscrición. O prezo que cobre os gastos da organización son 45 € por persoa ou un total de 150 € para os catro encontros por temporada. Por favor, ten en conta que a túa colaboración económica permite que poidan vir os danzantes e realizar un futuro encontro. As pagas van unicamente dirixidas aos custos das ditas celebracións sen fins lucrativos. Se non podes pagar este diñeiro, ofrecemos a posibilidade de aboalo en forma de traballo voluntario co fin de preparar o contorno.

As mulleres durante o seu período lunar (menstruación) realizan unha purificación natural de gran forza espiritual. Segundo esta tradición, non entran na área cerimonial nin se unen ás cerimonias, pola súa especial natureza enerxética do momento. Se confirmaches a asistencia e che coincide coa menstruación, mantemos a túa reserva para outra data que escollas.

Por favor, se aínda non confirmaches a túa presenza, faino agora porque hai un máximo de prazas dispoñibles e despois existe unha lista de espera. Se malia todo algo che impide vir, comunícanolo con tempo para darlle a oportunidade a outra persoa.

Lembra que tes que traer unha lanterna e roupa axeitada segundo o tempo, dúas toallas grandes, un vestido longo de mangas longas e un pareo grande para as mulleres e un traxe de baño ou pantalón curto para os homes, comida lixeira para compartir, con pratos e cubertos persoais, para despois de realizar o inipi.

Nas tradicións nativas celébrase a chegada da persoa que guiará a cerimonia cun obsequio (give away) que adoita ser tabaco, doces etc. Podes consultalo con nós.

TAMBORES: debido ao interese mostrado cara aos tambores que utilizamos nas cerimonias de sudación, ofrecemos proporcionarvos algúns, con prezos a partir de 75 €. Igualmente, quen así o prefira pode construír o seu propio tambor.

Podes consultalo con nós.

 

esta paxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual